Os mestres de educación infantil deste centro temos como
obxectivo desenvolver as capacidades para que o neno sexa autónomo,crítico,saiba
vivir e convivir,e poida adaptarse ós cambios e ritmos que se lle presenten.
Partimos da personalización e creamos situacións de
aprendizaxe para que cada neno vaia construíndo os coñecementos,os comparta e
aprenda a convivir na diversidade. Propoñemos actividades para traballa a
creatividade dende a vertente plástica,o ámbito lingüístico,a dimensión máis
científica e a dimensión máis persoal.
Con estas actividades os nenos desenvolven cada unha das
oito inteligencias enunciadas por Howard Gadner. Faremos que se sintan acollidos
e aceptados, axudarémoslles a desenvolver a creatividade,a curiosidade,o desexo
de observar,entender e de compartir cos demais,partindo de contextos próximos á
realidade.
Nesta metodoloxía damos moita importancia ás emocións con
actividades para que o neno adquira seguridade emocional: se decate de qué sinte
e por qué o sinte; aprenda a comunicalo; saiba cómo autocontrolarse, expresar
correctamente as emocións e aceptalas frustracións.
Se axudamos o neno a poñer nome ás emocións e recoñecer o
que sinte,axudarémoslle a conocerse mellor,a comunicarse cos demáis e a
xestionar as propias emocións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario