ESTIMULACIÓN

Neste centro aplicamos a metodoloxía de Glenn Doman adaptada a educación infantil.
Pretendemos con este  programa realizar unha excelente organización neurolóxica, permitindo ao neno captar as aprendizaxes e polo tanto desenvolver unha maior cantidade de conexións sinápticas, necesarias para responder  creativamente  ás situacións .

O programa físico é fundamental para o desenvolvemento integral do neno. Traballamos a diario en base a circuítos motores, que son recorridos onde o neno atravesa diferentes obstáculos que permitirán as súas destrezas motores.

Este programa traballa tres áreas imprescindibles:

  • Mobilidade: Gateo, arrastre,camiñar,correr.
  • Equilibrio: Xiros,bancos,equilibrio.
  • Competencia manual:Colgarse,balanceo,braquiación,actividades motoras finas de brazos e pulso.
Estas áreas son imprescindibles para actividades básicas de escritura.
O PDB incide directamente nos procesos de aprendizaxe dos nosos alumnos: nas dificultades visuais, nas alteracións da lectura  e/ou escritura, no xeito de coller o lapis e calidade de pinza escribana, nas posturas adoptadas ante o papel ou libro, e na disposición espacial das figuras fronte ao papel.

No programa de lectura por medio de Bits, os nenos consiguen á idade apropiada motivarse pola lectura, aprendendo a ler con rapidez e de xeito comprensivo. Isto vaise logrando por medio da lectura de logotipos, de palabras, de frases e oracións, e de contos.

No programa de matemáticas os nenos descobren o concepto de "cantidade" a través da observación de Bits, desenvolvendo neles a habilidade de identificar o número real de obxectos en diferentes cantidades de puntos. Os Bits son un excelente apoio para a aprendizaxe das matemáticas, e compleméntanse co desenvolvemento lóxico matemático que se traballa a través da experiencia directa, co emprego do material tridimensional, motivando ao neno a desenvolver o interés polas matemáticas.

O programa de estimulación temperá pretende ofrecer aos nosos alumnos oportunidades de crecemento persoal e desenvolvemento físico e neurolóxico, co fin de potenciar todas as súas destrezas, reforzar as habilidades e dificultades que poidan xurdir.
En definitiva, facelos máis libres, autónomos e competentes.






Ningún comentario:

Publicar un comentario