luns, 26 de febreiro de 2018

SAÍDA Ó TEATRO "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO"

O 7 de febreiro os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha saída a Pontevedra,para ver unha obra de teatro musical no teatro da Fundación Abanca.
Fomos a ver "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco;música e teatro en galego para descubrir o mundo a través da curiosidade e creatividade.Os seus protagonistas vivirán unha viaxe coa que descubrir o mundo a través de aventuras que inciden na solidaridade,o respecto pola natureza,a identidade e o universo afectivo.
Aquí vos deixamos unhas fotos e un pequeno anaco da obra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario