domingo, 13 de maio de 2018

ANTÓN COMODÓN

O pasado mércores,8 de maio,tivemos unha saída á fundación Abanca para ver a obra de teatro Antón Comodón.
Ésta é a historia dun neno a quen na sua casa facíanlle todo,non era preciso que aprendese nada se el non quería.Cando medrou,tiña un axudante,Nicolás,que era o encargado de facerllo todo.Pero un día,Nicolás pensou que tiña cartos bastantes e foise a vivir ás illas verdes...
Antón non sabía vivir sen axuda:nin vestirse,nin abrochar os zapatos,nen tan sequera comer só a sopa!
Así pois decidiu comenzar unha longa viaxe na procura de Nicolás,atravesando campos,cidades e lugares descoñecidos para él,como unha granxa e un porto.
Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas.Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ó seu axudante decatouse que aprendera tanto que era quen de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados,coma dous bos amigos.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario