Como sabedes,este terceiro trismestre está dedicado ó proxecto.Os nenos e nenas de 4 anos comenzamos a decorar a nosa a aula para adentrarnos no mundo dos espéctaculos.O primeiro que fixemos foi montar o noso propio escenario.
Juan elaborou unha claqueta para adentrarnos no mundo do cine
Continuamos coa nosa decoración da aula para deixala ben bonita
E continuamos poñendo en comun a información da nosa investigación na casa coa elaboración dun mural.
O pasado mércores,8 de maio,tivemos unha saída á fundación Abanca para ver a obra de teatro Antón Comodón. Ésta é a historia dun neno a quen na sua casa facíanlle todo,non era preciso que aprendese nada se el non quería.Cando medrou,tiña un axudante,Nicolás,que era o encargado de facerllo todo.Pero un día,Nicolás pensou que tiña cartos bastantes e foise a vivir ás illas verdes... Antón non sabía vivir sen axuda:nin vestirse,nin abrochar os zapatos,nen tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu comenzar unha longa viaxe na procura de Nicolás,atravesando campos,cidades e lugares descoñecidos para él,como unha granxa e un porto. Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas.Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ó seu axudante decatouse que aprendera tanto que era quen de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados,coma dous bos amigos.