Amosando publicacións coa etiqueta #motricidadefina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #motricidadefina. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de febreiro de 2018

CONSTRUÍNDO A NOSA REALIDADE

Os nenos e nenas de 3 anos tivemos un taller no que empregamos a nosa creatividade contruíndo a realidade que nos rodea con diferentes materiais,neste caso pauciños e plastilina.
No vídeo podedes ver as nosas creacións.





xoves, 8 de febreiro de 2018

NÚMERO 1

Os nenos e nenas de tres anos continuamos a practicar o trazo no número 1,desta vez con pauciños.


domingo, 28 de xaneiro de 2018

CIRCUITO DE TRAZOS CON ESTIMULACIÓN SENSORIAL

Empezamos a traballar a direccionalidade dos trazos con actividades de estimulación sensorial,empregando a mesa de luz,auga,area cinética,pizarra...Pasámolo moi ben experimentando con todos estos materiais.



martes, 23 de xaneiro de 2018

Pintamos como Jackson Pollock

Os nen@s de 5 anos fixemos uns cuadros imitando o pintor JACKSON POLLOCK no que con diversas pinturas decoramos os folios  mezclándoos con gotas e trazos o azar e cun resultado con moito colorido e por suposto non saen dous cuadros iguais.





martes, 19 de decembro de 2017

NADAL 3 ANOS

Xa sabedes que o Nadal chegou ó noso cole,e os máis pequeniños pasámolo moi ben facendo adornos para a clase e o corredor.Estamos xa un pouco nerviosos agardando a visita dos Reis Magos! Shhhh xa falta pouco....






domingo, 17 de decembro de 2017

ÁRBORE DOS DESEXOS

O Nadal xa está aquí e os nenos e nenas de educación infantil tamén puxemos a nosa ilusión en formar a árbore dos desexos que tan bonita luce no colexio.Vos deixamos unhas fotiños do noso traballo,neste caso dos máis pequeniños.










GEORGE PIERRE SEURAT

Os nenos e nenas de tres anos imitamos a técnica do puntillismo,da que foi embaixador o pintor George Pierre Seurat,empregando os nosos dedos e diferentes cores nunha estampación.Así quedaron as nosas obras de arte!








luns, 11 de decembro de 2017

GIUSEPPE ARCIMBOLDO

Os nenos e nenas de cinco anos fixemos un cadro da nosa faciana con macarróns,lentellas,arroz e fabas como fixo o pintor italiano Giuseppe Arcimboldo nos seus cadros,onde empregaba froitas e verduras para confecccionalos.Aquí tedes as obras dos nosos pequenos artistas!






domingo, 26 de novembro de 2017

VIVENCIAMOS OS TRAZOS HORIZONTAIS E OBLICUOS

Os nenos e nenas de 3 anos seguimos afianzando a direccionalidade dos trazos,esta vez dos horizontais e oblicuos.





TALLER DE CREATIVIDADE

Desenvolvemos a nosa creatividade e traballamos a motricidade fina coa axuda de plastilina e pauciños. E estás foron as nosas creacións.








venres, 24 de novembro de 2017

MAGOSTO

O Magosto rematou e os nenos e nenas de educación infantil disfrutamos moito na celebración do Magosto no colexio.Pasámolo moi ben elaborando o noso colar de castañas,nos xogos que compartimos e tamén na danza que bailamos xuntos.Aquí van unhas fotos mentres agardamos ó do ano que ven.






Así de guapos estábamos co noso colar!








domingo, 12 de novembro de 2017

DIRECCIONALIDADE DOS NÚMEROS

Os nenos e nenas de catro anos traballamos a direccionalidade dos números vivenciandoos no chan e logo plasmando no papel o que aprendemos.






Direccionalidade dos numeros from infantilsafaldan on Vimeo.

domingo, 22 de outubro de 2017

VIVENCIAMOS OS TRAZOS VERTICAIS

Os nen@s da aula de 3 anos estivemos traballando nos trazos verticais.Recorremos os trazos de diferentes maneiras,cos pés,con coches,con xiz... divertímonos moito con esta actividade!


AREA CINÉTICA

Os nenos e nenas de 3 anos tivemos a oportunidade de experimentar con area cinética,foi como traer un pouquiño do verán a este outono que xa comenzou.
Este material permitiunos tocar,construír e tamén facer os trazos que practicamos na clase.Gustounos moito a actividade,repetiremos!
Aquí vos deixamos unha mostra da actividade.



Area cinética from infantilsafaldan on Vimeo.

martes, 17 de outubro de 2017

MANS DE CORES

Os primeiros días de escola,os nenos e nenas de 3 anos fixemos un mural moi bonito.Deitámonos na alfombra e por parellas estampamos as mans nun papel branco segundo a cor que nos tocara.Para algún de nós era a primeira vez que tocábamos a pintura de dedos e gustounos moito!A profe Diana colgouno na clase para que todos puidésemos miralo de cando en vez,xa que quedou moi chulo.Estas son a fotos da actividade.