Amosando publicacións coa etiqueta #nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #nadal. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xaneiro de 2018

VISITAMOS UN BELÉN


 E un ano máis,fomos convidad@s a visitar o Belén que a nosa veciña Mari e a sua familia preparan con tanto traballo e ilusión para que todos e todas poidamos disfrutalo cada Nadal.Moitas grazas,Mari!!














martes, 2 de xaneiro de 2018

FESTIVAL NADAL INFANTIL 2017



O pasado 21 de decembro,os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos o noso festival de Nadal.Pasámolo moi ben compartindo coas nosas familias as panxoliñas e as obriñas de teatro que ensaiamos durante tanto tempo.Somos uns pequenos artistas,neste vídeo o comprobaredes.
BO NADAL!


VISITA DOS REIS MAGOS

As suas Maxestades os Reis Magos de Oriente tiveron a ben facer unha paradiña no noso colexio para visitar os nosos nen@s e entregarlles os agasallos que con tanta ilusión pediron nas cartas que escribimos para as aulas.Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo da visita,non fai falla comentar nada máis,as suas facianas o din todo.



REIS MAGOS 2017 from infantilsafaldan on Vimeo.

martes, 19 de decembro de 2017

NADAL 3 ANOS

Xa sabedes que o Nadal chegou ó noso cole,e os máis pequeniños pasámolo moi ben facendo adornos para a clase e o corredor.Estamos xa un pouco nerviosos agardando a visita dos Reis Magos! Shhhh xa falta pouco....






NADAL 4 ANOS

Xa estamos preparados para celebrar o Nadal na clase de 4 anos.Comenzamos picando estrelas para adornar o noso Belén na clase.Mirade que ben o pasamos!
Tamén fixemos o noso photocall na árbore dos desexos,así de guapos saímos.







Navidad from infantilsafaldan on Vimeo.

domingo, 17 de decembro de 2017

ÁRBORE DOS DESEXOS

O Nadal xa está aquí e os nenos e nenas de educación infantil tamén puxemos a nosa ilusión en formar a árbore dos desexos que tan bonita luce no colexio.Vos deixamos unhas fotiños do noso traballo,neste caso dos máis pequeniños.