Amosando publicacións coa etiqueta #saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #saídas. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de maio de 2018

ANTÓN COMODÓN

O pasado mércores,8 de maio,tivemos unha saída á fundación Abanca para ver a obra de teatro Antón Comodón.
Ésta é a historia dun neno a quen na sua casa facíanlle todo,non era preciso que aprendese nada se el non quería.Cando medrou,tiña un axudante,Nicolás,que era o encargado de facerllo todo.Pero un día,Nicolás pensou que tiña cartos bastantes e foise a vivir ás illas verdes...
Antón non sabía vivir sen axuda:nin vestirse,nin abrochar os zapatos,nen tan sequera comer só a sopa!
Así pois decidiu comenzar unha longa viaxe na procura de Nicolás,atravesando campos,cidades e lugares descoñecidos para él,como unha granxa e un porto.
Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas.Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ó seu axudante decatouse que aprendera tanto que era quen de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados,coma dous bos amigos.

















martes, 27 de marzo de 2018

VIAXE EN TREN

O pasado xoves os nenos e nenas de educación infantil fixemos unha viaxe en tren,para algúns foi a nosa primeira viaxe neste medio de transporte.Partimos da estación de Vigo-Guixar ata Pontevedra,un percorrido cortiño,apenas media hora,pero que disfrutamos moito e con moita curiosidade.Non podemos plasmar nunhas fotos todo o divertido desta viaxe,sobre todo cando pasábamos polos tunéis,pero vos deixamos unha pequena mostra.





sábado, 25 de novembro de 2017

SAÍDA Ó AUDITORIO

Hai uns días tivemos unha saída ó auditorio de Cangas para disfrutar dunha obra musical.Viaxamos cos seus protagonistas nun tren por diversos países e a través da súa música e instrumentos os nosos amigos recuperaron a imaxinación perdida.
Para algún de nós,foi tamén a nosa primeira viaxe en autobús,así que foi unha mañá diferente e divertida que agardamos repetir.Así de ben o pasamos!