O pasado mércores,8 de maio,tivemos unha saída á fundación Abanca para ver a obra de teatro Antón Comodón. Ésta é a historia dun neno a quen na sua casa facíanlle todo,non era preciso que aprendese nada se el non quería.Cando medrou,tiña un axudante,Nicolás,que era o encargado de facerllo todo.Pero un día,Nicolás pensou que tiña cartos bastantes e foise a vivir ás illas verdes... Antón non sabía vivir sen axuda:nin vestirse,nin abrochar os zapatos,nen tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu comenzar unha longa viaxe na procura de Nicolás,atravesando campos,cidades e lugares descoñecidos para él,como unha granxa e un porto. Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas.Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ó seu axudante decatouse que aprendera tanto que era quen de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados,coma dous bos amigos.
O pasado 23 de abril celebramos no colexio ó Día do Libro.Os nosos pequenos e pequenas puideron disfrutar dun contacontos que levaron a cabo os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria para eles.Neste vídeo podedes comprobar como pequenos e maiores comparten lectura xuntos,que o disfrutedes tanto coma nós.
Hai uns días os nenos e nenas de educación infantil participamos nun certame de chefs saudables.A finalidade era elaborar unha receita saudable,a base de froita,verduras,peixe e outros ingredientes beneficiosos para a saude.Decidimos entre todos que unha ensalada cumpría todas as condicións para ser unha receita saudable,así que nos puxemos mans á cociña e éste foi o resultado.
O pasado xoves os nenos e nenas de educación infantil fixemos unha viaxe en tren,para algúns foi a nosa primeira viaxe neste medio de transporte.Partimos da estación de Vigo-Guixar ata Pontevedra,un percorrido cortiño,apenas media hora,pero que disfrutamos moito e con moita curiosidade.Non podemos plasmar nunhas fotos todo o divertido desta viaxe,sobre todo cando pasábamos polos tunéis,pero vos deixamos unha pequena mostra.
Onte tivemos a visita no cole da actriz e contacontos Raquel Queizás,coa que disfrutamos enormemente xa que nos gustan moito os contos e Raquel sempre nos trae uns protagonistas moi divertidos ós que lles ocorren moitas aventuras.
O 7 de febreiro os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha saída a Pontevedra,para ver unha obra de teatro musical no teatro da Fundación Abanca. Fomos a ver "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco;música e teatro en galego para descubrir o mundo a través da curiosidade e creatividade.Os seus protagonistas vivirán unha viaxe coa que descubrir o mundo a través de aventuras que inciden na solidaridade,o respecto pola natureza,a identidade e o universo afectivo. Aquí vos deixamos unhas fotos e un pequeno anaco da obra.
O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.Os nenos e nenas de Educación infantil tamén puxemos o noso pequeno gran de area nesta fermosa celebración.Nestas fotos vos amosamos a nosa participación.
Os nen@s de 5 anos fixemos uns cuadros imitando o pintor
JACKSON POLLOCK no que con diversas pinturas decoramos os folios mezclándoos con gotas e trazos o azar e cun
resultado con moito colorido e por suposto non saen dous cuadros iguais.
E un ano máis,fomos convidad@s a visitar o Belén que a nosa veciña Mari e a sua familia preparan con tanto traballo e ilusión para que todos e todas poidamos disfrutalo cada Nadal.Moitas grazas,Mari!!